O ministro do Poder Popular para as Relacións Exteriores, Nicolás Maduro, cualificou este xoves como un feito bochornoso para os pobos de América e do mundo a liberación do terrorista Luís Posada Carriles, por parte do Goberno de Estados Unidos. "Aquel que protexe terroristas é un goberno terrorista", advertiu o ministro Maduro.
"Hoxe liberado un asasino involucrado en diversos actos,  para perseguir, torturar e asasinar a homes e mulleres líderes sociais en  Venezuela e Centroamérica. Convito e confeso de colocar bombas para asasinar a  turistas (...) e asasino responsábel intelectual da voadura do avión de Cubana  de Aviación. É unha hora bochornosa para os pobos de América e do mundo", dixo  Maduro en roda de prensa desde o Ministerio de Relacións Exteriores.
O ministro  recordou  que o Goberno venezuelano en diversas ocasións solicitou, de xeito privado e  público, a extradición do Posada Carriles ante o Goberno estadounidense.  
"En moitas ocasións pedimos que se activasen os mecanismos de  extradición que prevaleceron noutras oportunidades, para extraditar criminais de  ambos territorios", dixo. 
Sinalou que a resposta do Goberno de Bush foi  sempre a mesma: "Absoluto silencio". O goberno de EUA é o responsábel directo  por todas as accións deste terrorista", dixo Maduro. 
"Dúcias de homes e  mulleres están en cárceres clandestinas dirixidas polo Goberno de EUA só  coa certificación de terroristas malia ser inocentes; con todo, neste caso  puideron actuar polas leis de inmigración por ingresar ilegalmente", resaltou referíndose a posibilidade de manter a Posada Carriles na cadea.  
Acusou ao Goberno estadounidense de ser cómplice do terrorismo e da  impunidade. 
"O Goberno de George Walker Bush é cómplice deste terrorista,  protexeuno e hoxe garantiu a súa liberdade, dándolle un golpe e burlándose da  legalidade internacional". 
O ministro de Relacións Exterriores venezuelano fixo un chamado ás  institucións e ao pobo de Estados Unidos e a todos os gobernos do mundo a  reaccionar "con forza, coa lei na man, para non entregarse a este bochorno".  
"Aquel que protexe terroristas é un goberno terrorista", advertiu  Maduro. 
Para rematar, ratificou que Venezuela continuará solicitando a  extradición inmediata do terrorista internacional Luís Posada Carriles, para  continuar o seu xuízo pola voadura do avión dun avión de Cubana de Aviación, acontecida o 6 de outubro de 1976, onde morreron 76 persoas.