A próxima liberación do terrorista Luís Posada Carriles demostra ao mundo a hipocrisía do goberno estadounidense de George Bush na súa pretendida guerra contra o terrorismo mundial, afirmou este mércores o vicepresidente de Venezuela Jorge Rodríguez.gregou que "o máis grande terrorista da humanidade nos últimos tempos chámase George Walker Bush".
O vicepresidente Executivo da  República, Jorge Rodríguez, sinalou que o presidente Chávez podería instruír ao ministro de Relacións Exteriores, Nicolás Maduro,  para que faga un pronunciament  en  relación co caso do terrorista Luís Posada Carriles. 
Esta información  emitiuna o vicepresidente Rodríguez no programa Contra Golpe, conducido pola  xornalista Vanessa Davies a través de Venezolana de Televisión. 
O  vicepresidente Rodríguez destacou que quedou demostrada "a hipocrisía do goberno  do presidente Bush e que a xustiza estadounidense non é máis que un sistema  corrupto que ampara asasinos e terroristas". 
Agregou que "o máis grande  terrorista da humanidade nos últimos tempos chámase George Walker Bush".  
Trouxo a colación a voadura do avión de Cubana de Aviación e o intento  de magnicidio contra o presidente da República de Cuba, Fidel Castro, entre  outros crimes cometidos por Posada, ex axente da Axencia Central de  Intelixencia (CIA), de 79 anos de idade. 
Ademais da voadura do avión  cubano e do intento de magnicidio contra o presidente Castro, a folla de  servizos de Posada Carriles inclúe a planificación dunha serie de atentados con  bombas en 1997 contra instalacións turísticas en La Habana, nunha das cales morreu  o mozo italiano Fabio dei Celmo.