Unha xuíza federal estadounidense outorgou onte venres a liberdade baixo fianza ao terrorista Luís Posada Carriles, quen pese a participar no atentado dun avión con 73 persoas a bordo en 1976, só é xulgado pola xustiza de Estados Unidos por delitos de inmigración.
Axencias internacionais de noticias reportaron que o fallo da maxistrada Kathleen Cardone inclúe o consentimento de que Posada Carriles «resida na cidade de Miami, Florida, até que se realice un xuízo por ingresar a territorio estadounidense con documentación falsificada».
Inda así, Posada Carriles continuará detido e será  entregado ás autoridades de Inmigración debido a que foi adiada a orde de  deportación que ten a consecuencia da súa entrada ilegal a EUA. 
No  dictame deste día fixouse unha fianza de 250 mil dólares e 100 mil dólares  adicionais que garantan que o terrorista de orixe cubana con nacionalidade  venezuelana regresará ao tribunal para enfrontar o xuízo do 11 de maio por  presunta fraude e por mentir na súa solicitude de cidadanía. 
No fallo  indícase que Posada Carriles deberá residir na súa casa en Miami as 24 horas e  poderá saír dela só para asistir a consultas médicas e para reunirse co seu  avogado con previa autorización do funcionario a cargo do seu caso.  
Tamén deberá ter un dispositivo electrónico para que os seus movementos  sexan seguidos e non poderá ter contacto con ningunha das persoas involucradas  no seu caso. 
A maxistrada Cardone emitiu o dictame tras determinar que  Posada Carriles non representa un risco de fuga nin un perigo para a comunidade  malia que os gobernos de Cuba e Venezuela reclaman a súa extradición para ser  xulgado pola súa responsabilidade no atentado do voo 455 da aeroliña Cubana de  Aviación o 6 de outubro de 1976 nas costas de Barbados. 
«O tribunal  atopa que a natureza e as circunstancias do delito pesan a prol do acusado. El  está acusado de sete cargos relacionados con fornecer falsas declaracións, non  de delitos de violencia ou doutros que directamente impliquen a seguridade da  comunidade», sinala o fallo. 
Posada Carriles é xulgado en EUA por por  mentir na súa solicitude de cidadanía ao asegurar que ingresou por terra a se  país e por non declarar un pasaporte que lle foi expedido
A  Oficina de Inmigración e Aduanas (ICE) de EUA expresou a súa desilusión pola  decisión xudicial e recordou que hai unha detención pendente contra o  anticastrista, o que significa que «o señor Posada permanecerá baixo custodia  federal». 
Posada Carriles, de 79 anos de idade, permanece encarcelado  no Centro de Detencións de El Paso en Texas. 
Malia a condición de terrorista  deste criminal e ás solicitudes realizadas por Venezuela, o Goberno  estadounidense négase a extraditalo ao país suramericano para que sexa  axuizado  pola súa responsabilidade no atentado que cobrou a vida de 73 persoas en 1976.