Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Entre elas, a torre de Hércules, a Ribeira Sacra e o Ferrol ilustrado

Seis novas candidaturas galegas a Patrimonio da Humanidade

Un órgano do Ministerio de Cultura decidirá que aspirantes se presentan perante a Unesco.

Redacción - 16:36 02/04/2007
Torre de Hércules / Foto: Javi Vázquez

Torre de Hércules / Foto: Javi Vázquez

Seis bens culturais galegos están na listaxe de candidatos do Estado a se converteren en Patrimonio da Humanidade. Deles, tres están exclusivamente no noso territorio e os outros tres compártense con outras comunidades.

Estes candidatos, xunto a vinte e un máis do resto do Estado, serán valorados polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura. En setembro, o organismo decidirá cales deles se presentarán perante a Unesco.

Na listaxe recibida polo consello están a torre de Hércules, a Ribeira Sacra e o Ferrol da Ilustración, ademais da reserva natural galego-asturiana dos Ancares-Somiedo, o Camiño do Norte, compartido con Asturias, Cantabria e Euskadi, e o itinerario cultural da vide e do viño dos pobos do Mediterráneo, promovido pola Rioxa e que apoian outras once autonomías, entre elas Galiza.

O noso país xa conta con tres bens considerados Patrimonio da Humanidade. O primeiro en acadar o título foi a cidade vella de Compostela, en 1985. Seguiulle o Camiño de Santiago, en 1993 e, por último, a Muralla de Lugo, no ano 2000.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: