Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Segundo o informe dun órgano consultivo da Unesco

A construción do Auditorio de Lugo fai perigar a catalogación de Patrimonio da Humanidade

O proxecto para construír un auditorio no antigo Hospital-Cuartel de San Fernando pode poñer en perigo a catalogación da Muralla de Lugo como patrimonio da Humanidade. Icomos-España, órgano consultivo da Unesco no Estado, advirten de que as obras poden causar unha "perda irreparábel". A asociación informou do seu veredicto ás autoridades e ao propio organismo internacional.

Redacción - 17:33 03/03/2007
A catalogación da Muralla en xogo

A catalogación da Muralla en xogo

A asociación Icomos-España conclúe nun contundente informe que o proxecto de adecuación do antigo Hospital-Cuartel como auditorio afecta de xeito moi negativo ao entorno visual da Muralla de Lugo e ao mesmo tempo destrúe valores arquitectónicos moi singulares no propio edificio. Advírtelle á Xunta e ao Concello de Lugo que teñen que cumprir "escrupulosamente" coas normas de actuación e criterios que se derivan da aplicación do Convenio do Patrimonio Mundial. De xeito moi claro demándanlle ás institucións que non autoricen o proxecto e que se busque outro emprazamento alternativo.

No informe sinálase que o edificio escollido é "totalmente improcedente dende o punto de vista cultural e de protección dos bens declarados Patrimonio Mundial". A amonestación faise aínda máis expresa cando se explica que o feito de seguir adiante co proxecto significaría unha alteración das condicións polas que no ano 2000 a Muralla foi declarada ben do Patrimonio Mundial. Cabe lembrar que Icomos-España esta presidido por María Rosa Suárez-Inclán Ducassi, que no seu momento influíu decisivamente para que a Unesco aceptara a candidatura lucense.

Un duro revés para o Concello de Lugo

O informe supón un duro revés para o Concello de Lugo e en especial para o seu alcalde, o socialista Xosé López Orozco. Hai case dous meses, Orozco arremeteu duramente contra a Consellería de Cultura por ter paralizado o proxecto. O departamento que dirixe Ánxela Bugallo estimaba que o proxecto provocaba un grave impacto visual e poñía e non se axustaba ao entorno protexido. Orozco acusou á Cultura de "agraviar" deliberadamente á cidade e incluso chegou a pedir a dimisión da conselleira. Icomos-España conclúe nun contundente informe que o proxecto de adecuación do antigo Hospital-Cuartel como auditorio afecta de xeito moi negativo ao entorno visual da Muralla de Lugo e ao mesmo tempo destrúe valores arquitectónicos moi singulares no propio edificio. Advírtelle á Xunta e ao Concello de Lugo que teñen que cumprir "escrupulosamente" coas normas de actuación e criterios que se derivan da aplicación do Convenio do Patrimonio Mundial. De xeito moi claro demándanlle ás institucións que non autoricen o proxecto e que se busque outro emprazamento alternativo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: