Empurrón ao software libre, incluída a tradución da versión 3.0, difusión do PuntoGal, lecer e premios... Un cento de informacións e imaxes, unha ducia de vídeos. Resumo da festa no especial de Vieiros en XGN08.
A conferencia inaugural, que comezou pasada a unha, dá indicacións útiles aos participantes.
Durante toda a fin de semana contarémosvos todo o que aconteza en xuventudegaliza.net. Temos preparado un especial para non perder detalle. Comeza a festa.
Obradoiros sobre robótica, tradución de programas, software libre e xogos encherán as tres xornadas do encontro informático.
Rubén Cela deu a coñecer o programa do evento, que contará coa participación de persoas con discapacidade. Ademais, repartiranse memorias USB co sistema operativo GNU/Linux en galego.
As 1.500 prazas dispoñíbeis para o encontro informático esgotáronse nun tempo récord de 28 segundos.