Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: suspension-de-pagos

6/Maio/2009 /

Construtoras e inmobiliarias concentran as crebas no que vai de ano

Dispárase a estatística que rexistra empresas e familias que se declararon en concurso de acredores: 72 no primeiro trimestre.


5/Febreiro/2009 /

Cada día decláranse en creba dúas empresas

As familias e compañías que se declararon en concurso de acredores en Galiza durante o último trimestre do ano pasado ascenderon a 185, case o triple que hai un ano.


28/Novembro/2008 /

Seguen as protestas dos traballadores do téxtil

Na Praza da Igreza de Lalín concéntranse 260 empregados de Montoto, porque hai dous meses que non cobran. Ao tempo, os sindicatos rexeitan os 120 despedimentos de Caramelo.


5/Novembro/2008 /

Montoto suspende pagos e abre interrogantes sobre o futuro dos seus 250 traballadores

A empresa acolleuse á Lei Concursal, e pretende manter o seu cadro de persoal. Os sindicatos desconfían de que poida tratarse dun proceso de despedimentos encubertos.


6/Outubro/2008 /

Triplícanse os concursos de acredores

As empresas declaradas na antiga suspensión de pagamentos até setembro ascenden ás 120, o triple das 41 que se contabilizaban no mesmo período do ano anterior.


19/Xuño/2008 /

O Celta pon un tope para presentar a Concursal, con ou sen convenio

Aínda falta que acepte un dos principais acredores do clube, Caixanova., pero os celestes pensan acollerse á lei aínda que non chegue o acordo.


Carlos Mouriño
10/Xuño/2008 /

A grave situación económica do Celta obrígao a se acoller á Lei Concursal

A norma, sucesora da Lei de Suspensión de Pagos, non implica que o consello de administración perda as función que ten atribuídas.


5/Xuño/2008 /

Os xogadores do Celta comezan a asesorarse ante o inminente cese dos pagos

O clube celeste está a piques de acollerse á Lei Concursal e os futbolistas procuran informarse cos seus avogados, mentres desmenten que estean a organizar unha folga.