Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: represaliados

18/Xuño/2010 /

Búscanse vítimas da represión franquista

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña inicia unha campaña divulgativa para recabar datos aínda silenciados dos represaliados da comarca.


25/Outubro/2009 /

Volven a casa os corpos dos cinco represaliados do Porriño

A igrexa de Areas (Ponteareas) acolleu un emotivo acto no que os familiares recibiron os restos destes labregos republicanos asasinados no 1937.


21/Outubro/2009 /

Aparecen en Barro restos humanos nunha foxa común do 36

Poderían corresponderse cos de dous homes asasinados durante a represión que seguiu ao levantamento franquista.


Nove cruces na súa memoria aparecían cada 15 de outubro
17/Outubro/2009 /

Baredo non esquece, o Concello quere que si

O goberno municipal de Baiona finalmente denegou o permiso para que fose colocada unha placa en lembranza dos nove veciños asasinados o 15 de outubro de 1936.


29/Xullo/2009 /

Na memoria oculta: as vítimas, os nomes, as voces, os lugares

A base de datos, accesíbel desde agora na rede, ofrece información de 14 mil vítimas da represión franquista, froito dunha das iniciativas de recuperación da memoria máis completas do Estado.


22/Xuño/2009 /

A ARMH interrompe a localización dunha foxa común en Mondoñedo

Os arqueólogos da asociación levaban dous días na súa procura, no cemiterio da vila mariñá. Agora, familiares de antigos enterradores achegarán máis información sobre a posíbel localización de catro represaliados.


17/Xuño/2009 /

O Parlamento catalán aproba a Lei de Foxas, unha norma pioneira da Memoria Histórica

Debería facilitar a localización e identificación dos desaparecidos durante a Guerra Civil e o franquismo. Algunhas asociacións venlle carencias.


8/Abril/2009 /

Comeza a exhumación na Volta dos Nove, a matanza nunca esquecida

Cada 15 de outubro, nove cruces pintadas recordaban aos nove fusilados polos franquistas sen xuízo nin delito recoñecido.


"Xuízo e cárcere común para todos os xenocidas" / Foto: Débora Campos
26/Marzo/2009 /

"Xuízo e cárcere común para todos os xenocidas"

Organizacións sociais concéntranse na Praza de Maio, 33 anos logo do golpe militar, para pedir dilixencia nas causas por delitos de lesa humanidade.


10/Febreiro/2009 /

Os ourensáns dispoñen dun buscador en rede dos seus represaliados

Os profesores universitarios Xesús de Juana e Xulio Prada encárganse de actualizar unha web cos resultados das súas investigacións.


25/Setembro/2008 /

Garzón pide información sobre os Tribunais Republicanos e os seus arquivos

Tamén insiste ante a Conferencia Episcopal, pedíndolle colaboración. Nuns días declarará se é competente ou non para investigar os feitos denunciados.


13/Setembro/2008 /

Garzón recibe o censo con máis de catro mil nomes de represaliados galegos

O documento, elaborado pola Consellaría de Cultura, recolle 4.396 nomes, así como os lugares onde se atopan os restos desas persoas, ademais de 224 casos "descoñecidos".


31/Marzo/2008 /

Vigo decide dedicarlles seis rúas a mulleres represaliadas polo fascismo

Son Ángela Iglesias Rebollar, Rosario Hernández Diéguez, Carmen Miguel Agra, Margarita Bilbatúa Zubeldia, Urania Mella Serrano e Mercedes Núñez Targa.


19/Novembro/2007 /

O goberno catalán vai pagar as exhumacións das foxas comúns

Esta semana vaise publicar un anteproxecto da Llei de Fosses Comunes pola que a Generalitat se compromete a financiar o desenterramento dos represaliados do franquismo.


22/Agosto/2007 /

Solicítanlle axuda á Xunta para esclarecer a represión de galegos na Arxentina

Constituída en Galiza a Asociación para a Investigación dos Desaparecidos/as Galegos/as na Arxentina (Aidga), con sede central en Bos Aires.


12/Agosto/2007 /

Recuperados nove corpos de republicanos asasinados na Fonsagrada

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica dixo que conseguiran localizar máis corpos dos previstos.


3/Agosto/2007 /

Calculan que aínda quedan en foxas comúns 50 mil corpos de represaliados

"Oficialmente o comandante Xosé Moreno Torres, do batallón Asturias, non existe", lamentou Santiago Macías, Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, que proximamente exhumará na Fonsagrada os restos dos homes deste batallón.