O resto dos 2.000 enquisados asegurou que deixaría de fumar ou abandonaría o consumo de chocolate polo mesmo motivo.
Ante as diversas declaracións dende distintos sectores da administración, anunciando proxectos de tratamento e xestión de residuos baseados na tecnoloxía de plasma, como o das Somozas, a incluir na redacción do Plan Xeral de Xestión de Residuos de Galicia, os colectivos ecoloxistas Amigos da Terra, Coto do Frade, Federación Ecoloxista Galega, Ridimoas, Verdegaia e ADEGA, queremos lembrar que estas denominadas “novas tecnoloxías”, seguen a ser consideradas, pola lexislación estatal e europea, procesos de incineración e, á vista da xurisprudencia europea, a incineración nunca pode ser considerada como un proceso de valorización.
A consellería afirma que o novo Plan de xestión de residuos cumprirá escrupulosamente "a normativa estatal e as directivas europeas" na instalación da nova planta de xestión de residuos, prevista para o sur do país. "A política do actual goberno é contraria a incineración", sinalan.