Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ENQUISA DE COMET

A metade dos británicos renunciarían medio ano ao sexo a cambio dunha tele de 50"

O resto dos 2.000 enquisados asegurou que deixaría de fumar ou abandonaría o consumo de chocolate polo mesmo motivo.

Redacción - 15:17 17/02/2008

A cadea de electrodomésticos británica Comet chegou a unha conclusión talvez sorprendente: os homes do Reino Unido estarían dispostos a renunciar ao sexo durante seis meses a cambio dun televisor de plasma de 50 polgadas. Comet preguntou a 2.000 individuos que serían capaces de deixar de facer para conseguir unha enorme pantalla, e o 47 por cento optou por renunciar durante medio ano ao chíquele-chíquele.

Segundo informou a axencia Reuters, un cuarto dos enquisados asegurou que deixaría de fumar, e outros tantos dixeron que estaban dispostos a deixar o chocolate durante o mesmo tempo. O que non especifica o estudo é como se lles compensarían os seis meses de abstinencia ás parellas dos participantes no inquérito.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: