Webs da oposición denunciaron que a Policía disparou contra os manifestantes no centro de Teherán.
Tras o aleatorio reconto dun 10% dos votos, a raíz das denuncias da oposición, a principal instancia lexislativa do país deulle a reelección ao presidente.
Volveron saír ás rúas demandando unha repetición dos comicios. Porén, esta posibilidade foi desbotada polo Consello de Gardiáns da Revolución.
O presidente electo, Ahmadinejad, reúnese co presidente ruso, nun aceno de normalidade, mentres as rúas están ateigadas de manifestantes.
O candidato da oposición reformista atópase en parodoiro descoñecido dende que terminaron os comicios, que describiu coma fraudulentos. Milleiros de iraníes concentráronse o domingo para apoiar a Ahmadinejad.