Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: icann

10/Marzo/2010 /

A Icann volverá estudar o "dominio do porno"

Un estudo independente chegou á conclusión de que decisión de rexeitar o novo nome fora inxusta.


28/Xaneiro/2010 /

PuntoGal preséntase como unha oportunidade para unir a comunidade emigrante

Na xuntanza mantida en Barcelona salientouse o valor dos dominios culturais e lingüísticos co exemplo de éxito do .cat.


31/Outubro/2009 /

A ICANN autoriza os dominios en alfabetos internacionais

O órgano que regula os nomes na internet aproba pola vía de urxencia un proceso que se abrirá o 16 de novembro.


2/Outubro/2009 /

O goberno dos EUA relaxa o seu control sobre a ICANN

Comités de expertos supervisarán a función pública da entidade privada sen ánimo de lucro. O Departamento de Comercio manterá unha praza fixa.


29/Setembro/2009 /

Iugoslavia desaparece este mércores

O dominio .yu, que aínda ostentan catro mil webs, deixará de funcionar ao remate de setembro, despois da desaparición da república federal.


2/Xullo/2009 /

Iugoslavia e a Unión Soviética sobreviven na internet

O dominio .yu, da antiga república de Tito, ten o 30 de setembro de 2009 como data de caducidade.


12/Maio/2009 /

A ICANN admitirá dominios noutros alfabetos en 2010

Segundo Paul Twomey, presidente do organismo, que deixará de depender do goberno dos EUA en setembro, iso non vai supoñer a fragmentación da rede.


5/Maio/2009 /

O 1 de outubro, cita para o cambio de modelo no "goberno de internet"

Naquela altura remata o acordo da ICANN coa administración dos EUA. A UE esixe a introdución dunha xestión realmente independente e transparente.


6/Xaneiro/2009 /

A Casa Branca critica a política de dominios da ICANN

Din que fai falta asegurar a estabilidade da rede antes de aceptar os novos dominios, entre eles o .gal.


5/Novembro/2008 /

A lentitude da ICANN adía o .gal até 2010

A asociación PuntoGal pide unha aceleración dos trámites para a concesión de novos dominios e que se rebaixen os requisitos económicos.


3/Novembro/2008 /

PuntoGal promove en Exipto o dominio para o galego

Segundo o primeiro borrador de esixencias, poder optar as novos identificadores xenéricos podería custar 140 mil euros.


26/Xuño/2008 /

A Icann avanza na liberalización dos dominios na internet

O organismo comeza a concretar os requisitos que terán que cumprir empresas e individuos para rexistrar novos enderezos de primeiro nivel.


18/Febreiro/2008 /

O 14, un novo número para a vella internet

A ICANN recupera antigos enderezos sen uso para atrasar o esgotamento dos IPv4.


11/Febreiro/2008 /

"Hi ICANN: Bring dotGal in root ASAP!"

A directiva de PuntoGal participa en Delhi no encontro da executiva mundial de Internet cunha petición directa: Queremos o dominio galego axiña.


7/Febreiro/2008 /

PuntoGal terá presenza no encontro internacional da Icann en Nova Delhi

Espérase que o organismo que regula os nomes de dominio na rede dea datas concretas para as novas solicitudes, entre as que estará o .gal.


29/Xaneiro/2008 /

A ICANN quere deixar de depender dos EUA

A corporación para a asignación de nomes de dominio na rede considera que xa cumpriu os requisitos para se converter nun organismo independente.


31/Outubro/2007 /

“Coido que o PuntoGal será unha realidade no ano 2009”

A asociación que aspira a acadar o dominio para a nosa cultura participa en Los Angeles nunha reunión da ICANN.


23/Outubro/2007 /

PuntoGal estará nunha reunión da ICANN en Los Angeles

Unha delegación da asociación participará nun debate sobre a introdución de novos nomes de dominio.


16/Outubro/2007 /

O inglés corre o risco de ser destronado na rede

Están a piques de ser as webs máis usadas en internet. Ata hoxe, o 31% dos internautas ten como primeiro idioma o inglés. Con todo, o chinés quintuplicouse nos últimos sete anos


10/Outubro/2007 /

Puntogal logra financiamento para a candidatura do dominio galego

A asociación recibirá 186.000 euros da Consellería de Industria co fin de preparar a candidatura ante a ICANN.