Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: astano

17/Marzo/2009 /

A memoria de Astano, a memoria de Ferrolterra

Presentouse en Fene o documental, que repasa os sesenta anos de historia do estaleiro, o seu auxe, e a reconversión. Vídeo no interior.


Astano ocioso / Flickr: Xoán Porto
2/Decembro/2008 /

A Xunta volve á carga co naval civil en Astano, anuncia Quintana

Presentará en Madrid unha nova proposta "que non se pode rexeitar" para que o empresariado galego poida construír buques en Navantia-Fene.


25/Xuño/2007 /

"Non é Bruxelas, son os sindicatos os que bloquean o naval civil en Navantia-Fene"

A pasada semana os estaleiros ferroláns conseguiron un importante contrato coa mariña australiana. O presidente da Confederación de Empresarios de Ferrol analiza para Vieiros a situación.


Copasa
17/Abril/2007 /

Eléctricas e construtoras pugnan polo negocio das enerxías renovábeis

Ofrecen á Xunta investimentos de 1.700 millóns en só dous anos, a cambio de concesións para parques eólicos, solares, de biomasa e de biocombustíbeis.


16/Marzo/2007 /

Barreras podería reactivar "a curto prazo" o seu plan para Navantia-Fene

O presidente do estaleiro vigués asegura que, se Bruxelas reabre o antigo Astano á construción civil antes da data fixada en 2015, "estaremos aí outra vez".


2/Marzo/2007 /

Astano: a polémica privatización

Dicía o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, o pasado 22 de xaneiro trala presentación do plan para Astano, que o seu departamento tiña pactado con Barreras o que era “o mellor plan de futuro para Ferrol”. El mesmo dera conta dos avais financeiros que contribúen a facelo viábel: tanto Caixa Galicia como Caixanova teñen adquirido ese compromiso. A este plan opóñense frontalmente a SEPI e os sindicatos asinantes dos acordos de reconversión de 2004. Un artigo de Ramón Yáñez.


1/Marzo/2007 /

Bruxelas flexibilizará a posición sobre Navantia se Madrid move peza

� última hora do xoves, o conselleiro de Industria reafirmouse na súa valoración da xuntanza mantida co director xeral da Competencia en Bruxelas. Malia que a Comisión Europea matizou ao longo da tarde algúns puntos salientados por Blanco, a conclusión final, tal e como lle explicou a este xornal, segue a ser a mesma: a Xunta deberá negociar co goberno do Estado o futuro de Navantia-Fene antes de facelo coa Comisión Europea.