Acúsanos dun suposto delito de "resistencia" durante a visita do ex ministro israelí Shlomo Ben-Ami á capital galega en novembro de 2006.
Nove meses de prisión a cada un; privación do dereito de sufraxio pasivo; e 350 euros para un deles en concepto de indemnización á Policía. É a petición que realiza a Fiscalía para os estudantes universitarios Iago Barros (membro da Dirección Nacional de Agir) e Aurélio L. Que serán xulgados o 28 de xullo por un suposto delito de "resistencia" durante a visita do ex ministro israelí Shlomo Ben-Ami á capital galega o 21 de novembro de 2006.
Ambos os dous participaban nunha concentración de protesta, mais foron detidos polos axentes antidisturbios. Daquelas os mozos denunciaran teren sido vítimas de agresións, ameazas e malos tratos tanto no momento da detención como no traslado á comisaría e tamén nesta. Porén, a demanda efectuada polos danos sufridos non foi atendida, e as lesións utilizadas polos xulgados de instrución composteláns para impeler a acusación a probar a suposta "resistencia".