Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DEPORTE FEMININO

'Xuntas facemos equipo'

A Coruña acolle este domingo unha xornada de exhibición e competición deportiva na que as mulleres serán as protagonistas.

Redacción - 09:30 19/06/2010
Eva Castro estará presente na xornada deportiva

Eva Castro estará presente na xornada deportiva

Os xardíns de Méndez Núñez da Coruña acollerán este domingo as II Xornadas do Deporte Feminino, no que participarán uns vinte clubs e equipos deportivos de toda Galiza. O obxectivo, unha vez máis, será o de facer visíbel o deporte feminino e rematar coa discriminación da muller neste eido xa que, de momento, continúa a ocupar un segundo plano. A xornada, que está organizada pola Asociación de Mulleres Deportistas (Mudega) e apoiada pola Concellería de Igualdade da Coruña, contará coa presenza de deportistas como a ciclista Eva Castro; as campioas de España de pádel, Carmen León e Vane Alonso; ou a campioa de Europa de Taekwondo Fanny Hernández.

Incluirá competicións e exhibicións en diferentes prácticas deportivas, como o judo ou o taekwondo; circuítos de duatlón ou ciclocrós; partidos de fútbol, balonmán, voleibol ou baloncesto; rugby, halterofilia, tenis de mesa, atletismo ou pentatlón, entre outros. Asemade entregaranse os segundos premios 'Pioneiras do Deporte', que este ano recaerán na xogadora de hockey sobre patíns Cristina Fernández Cid, a patinadora Sabela Rodríguez Senra, a xogadora de badminton Aida Rodríguez e a practicante de halterofilia Rebeca Fernández.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: