O lema da formación: "Podemos prometer máis que os demais, xa que en ningún caso o cumpriremos".
Reykjavík / Imaxe: Galipedia
Aínda non fumegaba o volcán pero si apertaba a crise económica e financeira no país cando no escenario político islandés abrollou a formación bautizada 'O Mellor Partido de Islandia'. Cun cómico local á fronte, Jon Gnarr, viñan facendo campaña desde aquela baixo a banda sonora do tema 'Simply the best', de Tina Turnes.
A mensaxe da formación, que combinou a chanza coa denuncia aos políticos tradicionais e ao gremio dos banqueiros por teren arruinado a economía islandesa, callou forte entre a cidadanía. Un dos lemas: "Podemos prometer máis que os demais, xa que en ningún caso o cumpriremos". Xustamente, entre as brincadeiras prometidas: chantar unha delegación de Disneyland onde agora está o aeroporto. Os electores concedéronlle esta fin de semana a maioría dos votos nas eleccións municipais da capital do país, Reykjavík, un total de 34,7% de apoios e seis concelleiros sobre o total de 15.