Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA ANTÁRTIDA

Australia levará a Xapón e a caza da balea perante o Tribunal Internacional de Xustiza

A vindeira semana presentará documentos na Haia para que cesen as matanzas, despois de que a vía diplomática non fose útil.

Redacción - 12:00 29/05/2010

Australia vén de anunciar que a vindeira semana iniciará accións legais para que Xapón cese na matanza de centos de baleas por ano, alegando motivos científicos. O goberno australiano, que xa pediu varias veces a suspensión destas actividades pola vía diplomática, levará ao goberno xaponés até o Tribunal Internacional de Xustiza da Haia.

O ministro australiano anunciou a decisión, que cualificou de “difícil” apelando a motivos científicos: “queremos suspender a caza da balea no nome da ciencia na Antártida”, dixo. Mentres, a reacción non se fixo agardar en Tokio. Xapón defendeu a legalidade do seu programa e cualificou de “moi lamentábel” o intento australiano de abolir esta actividade.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: