Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Xuntanza da Comisión Baleeira Internacional

Grenlandia seguirá a cazar 231 baleas ao ano

O plan para aumentar a súa cota de captura de baleas xibarte foi rexeitado por 36 votos en contra, 29 a favor e dúas abstencións.

Redacción - 14:10 27/06/2008

O plan de Grenlandia para aumentar a súa cota de captura de baleas xibarte, presentada na Comisión Baleeira Internacional (CBI) que estes días se reúne en Santiago de Chile, fracasou finalmente.

O territorio autónomo, pertencente a Dinamarca, pretendía aumentar en dez exemplares, até 241, a cota anual de caza de baleas xibarte, mais a petición foi rexeitada por 36 votos en contra, 29 a favor e dúas abstencións. A proposta contaba co apoio do Comité Científico do CBI.

As organizacións ecoloxistas denuncian, no entanto, que Grenlandia está a comercializar a carne de balea, malia que a normativa do CBI estabelece que debería ser destinada exclusivamente ás necesidades de subsistencia das comunidades cazadoras.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: