Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Baixa participación nas eleccións

O socialdemócrata Fischer reelixido presidente en Austria

Malia a inédita abstención nuns comicios austríacos (votaron o 49%), o vello representante do Partido Socialdemócrata obtivo perto do 80% dos votos nas presidenciais.

Redacción - 09:00 26/04/2010
Heinz Fischer / Imaxe: Wikipedia

Heinz Fischer / Imaxe: Wikipedia

A renuncia do socio minoritario da coalición gobernante en Austria, o Partido Popular Austríaco (ÖVP), a presentar candidato, a desinterese do electorado e o perfil de home de consenso de Heinz Fischer, permitiron que este se alzara cunha cómoda vitoria nas eleccións presidenciais desta fin de semana, con case o 80% dos apoios.

Fischer recuncará como xefe de Estado logo desta vitoria onde en segunda lugar e a moita distancia quedou Barbara Rosenkranz, a candidata da formación de ultradereita Partido Liberal Austríaco (FPÖ), co 16% dos votos. Unha Rosenkranz que foi moi belixerante no seu discurso logo de coñecérense os resultados, acusando os medios de comunicación de "caza de bruxas" polas acusacións deitadas contra ela polas súas simpatías coa herdanza nazi. A terceira opción candidata na loita era a de Rudolf Gehring, do Partido Cristián de Austria, coñecido polas súas posicións contra o aborto e a homosexualidade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: