Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DE SOS COUREL

A Xunta promove unha plantación de piñeiros no Courel, en plena Rede Natura

A lexislación prohibe expresamente plantar especies que non sexan autóctonas, para non prexudicar o equilibrio biolóxico.

Redacción - 18:00 16/04/2010
SOS Courel tamén denuncia o descoido da Xunta sobre o monte autóctono

SOS Courel tamén denuncia o descoido da Xunta sobre o monte autóctono

En virtude do chamado “Consorcio”, un contrato forzoso entre veciños e administración instaurado no franquismo para o mundo forestal, a Xunta está a plantar piñeiros nunha zona situada en plena Rede Natura. Así o denuncia SOS Courel, quen subliña que o Código Penal (no seu artigo 333) castiga con pena de prisión de catro meses a dous anos a aqueles que introduzan “especies de flora ou fauna non autóctona” de xeito que prexudiquen o equilibrio biolóxico.

Porén, neste caso é a propia Xunta quen está executar unha nova plantación nas inmediacións da Devesa de Rogueira, no monte veciñal de Ferreirós de Arriba, na paraxe coñecida como A Lomba. Esta acción acométese, ademais, con fondos da Unión Europea. Dende SOS Courel lembran que a Oficina Antifraude (OLAF) xa ten aberta unha investigación polo tema das plantacións do Courel en xeral. No Google Earth pódese aprezar (ver imaxe) a zona da plantación, alongada, de cor verde escuro, entre as inmensas rozas marróns das plantacións de anos anteriores na mesma ladeira, entre Ferreirós, Porado (Parada) e a Devesa de Rogueira.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: