Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Cinco mil participantes

Arranca a 11ª Xuventude Galiza Net

A festa informática regresa ao Pazo de Congresos de Compostela e abre os obradoiros á participación do público en xeral.

Redacción - 09:15 26/03/2010

Este venres ás 10 da mañá ábrense as portas da 11ª Xuventude Galiza Net, o encontro informático máis importante do país, que volve á súa sede anterior, o Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. A festa durará toda a fin de semana, até a súa clausura, o domingo.

O programa desta edición 2010 aínda non está pechado, pero xa inclúe diversos obradoiros para a tarde do venres e toda a xornada do sábado. Estes obradoiros estarán abertos ao público en xeral, e non só ás persoas inscritas na 'party'.

Ademais da recuperación do nome "Xuventude Galicia Net", a web do encontro ofrece a posibilidade de descargar formularios nas dúas linguas oficiais, rompendo a tendencia das anteriores edicións de potenciar o uso do galego nas novas tecnoloxías e, especialmente, entre a mocidade que acode a este acto.

Segundo informou a Dirección Xeral de Xuventude, organizadora da XGN, prevese que participen arredor de cinco mil persoas, e máis de 1.600 confirmaron a súa asistencia aos obradoiros, máis outras tres mil coas que se conta que asistan ás diferentes actividades abertas ao público, na extranet.

Na intranet volverase dispoñer dunha conexión dun xigabit, grazas a 40 quilómetros de cable. A extranet desprazarase a unha carpa de 600 metros cadrados instalada no exterior do Pazo de Congresos, con actividades para todos os públicos.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: