Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Do 26 ao 28 de marzo

Xuventude Galiza Net dá mostras de vida e abre a preinscrición

A macrofesta informática galega chega á súa edición número 11 regresando ao Pazo de Congresos compostelán, que se aproveitará ao máximo.

Redacción - 19:00 01/03/2010

O encontro Xuventude Galiza Net (agora renomeado Xuventude Galicia Net) abre, por fin, a convocatoria da súa edición número 11. A gran festa galega da informática terá lugar os días 26 ao 28 de marzo e regresará ao Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela.

XGN xa ten aberta na súa web a preinscrición para poder confirmar a asistencia, aboar as taxas de asistencia e confirmar nun prazo de 48 horas. Entre as novidades deste ano está o feito de que a Extranet (o espazo aberto ao público en xeral) se instalará no exterior do edificio, nunha carpa cuberta de 600 metros cadrados, e contará cun futbolín humano.

Un ano máis, haberá numerosos obradoiros, que tratarán dende a programación até os videoxogos, pasando por actividades deportivas. Finalmente, regresarán os tradicionais concursos de lanzamento de disco, de dobraxe ou de fotografía e vídeo e manterase a premisa de potenciar o software libre, ademais da xa consabida conexión de alta velocidade para compartir arquivos.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: