Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Atrancos á fusión

O goberno español retirará o recurso contra a Lei de Caixas se o texto "se adapta á Constitución"

A vicepresidenta primeira do goberno español anunciou a súa disposición a pactar coa Xunta o texto definitivo da norma.

Redacción / EP - 18:01 06/02/2010

A vicepresidenta primeira do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, transmitiu este sábado a disposición do executivo do que forma parte a retirar o recurso contra a Lei de Caixas, que presentará por superar as competencias autonómicas, "se se adapta a norma á Constitución". De la Vega participou en Compostela nun encontro co presidente da Xunta para analizar as prioridades da presidencia da UE.

Alberto Núñez Feijoo insistiu en que lle "vale" o que "poñan as leis doutras comunidades" que non foron "recorridas", aínda que expresou que "a Xunta está en disposición de substituír un conflito por un acordo". O presidente da Xunta entregoulle á vicepresidenta española un documento "sinxelo" coa postura do Goberno e expresou a súa "preocupación" por "tentar resolver" o asunto nunha "reunión inmediata".

Por iso, a Xunta e o goberno español acordaron tratar nunha próxima "reunión técnica" dende o punto de vista "técnico-xurídico-constitucional" os artigos para "adaptar" a norma galega á Constitución. "Sempre hai posibilidade de arranxalo", afirmou De la Vega, mentres que Feijoo agradeceu a disposición do goberno central porque "é a primeira vez que di que está disposto a falar", malia ter "iniciado un conflito xudicial".

Nese senso, De la Vega lembrou que "hai vías para buscar o acordo" e que "hai precedentes onde se presentou o recurso e logo retirouse".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: