Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crueldade animal

Xulgan unha estadounidense por vender "gatiños góticos" con 'piercings'

A acusación argumenta que "producía dor nos animais co fin de gañar cartos". A defensa alega que "non actuaba de mala fe".

Redacción - 10:10 04/02/2010
'Piercing' no pescozo

'Piercing' no pescozo

Unha estadounidense do estado de Pennsylvania está a ser xulgada, acusada de "crueldade animal". Holly Crawford, de 35 anos de idade e peiteadora canina de profesión, foi detida na súa casa en decembro de 2008 logo de que a Sociedade para a Prevención da Crueldade Animal (SPCA) fose alertada de que a muller estaba a vender pola internet michos con piercings en orellas e pescozo.

A SPCA, que atopou tres gatiños de poucos meses e un exemplar adulto, comprobou que a muller anunciaba os animais nunha web como "gatiños góticos, de cor negra intensa, sen rabo e con piercings", e cobraba por eles arredor de 400 dólares (actualmente, uns 285 euros).

No xuízo, que comezou este martes, a acusación argumenta que a acusada producía dor nos animais co fin de gañar cartos, mentres que a defensa alega que "non actuaba de mala fe". A propia Crawford sinalou que usara agullas esterilizadas e que se asegurara de que as feridas cicatrizaban axeitadamente.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: