 
 
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional analiza os retos que afronta o goberno de Zapatero neste semestre de quenda.
 
											Do 1 de xaneiro ao 1 de xullo
Desde o pasado 1 de xaneiro e durante todo o primeiro semestre de 2010, o goberno español ostentará a presidencia de quenda da Unión Europea. Entre os seus principais retos están a consolidación do Tratado de Lisboa como referente de integración, e a necesidade de abordar solucións conxuntas para superar a recesión e a crise económica. 
  O último número do Igadi Paper, o instrumento de análise e información do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, "destinado a afondar de forma equilibrada e sintética nalgún conflito, acontecemento ou tendencia internacional de relevancia e actualidade", aborda a cuestión. 
  
Ademais, realiza un breve resumo dos intereses do noso país e as circunstancias que poden eivar ou favorecer a axenda galega. Apúntanse tres focos primarios: a Política Pesqueira e Agraria Común; a evolución da rede de infraestruturas viarias no marco da Axencia Europea de Cooperación Transfronteiriza e da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal; e a promoción cultural do país ante a celebración do Ano Santo Xacobeo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto