Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LINGUAS MINORIZADAS

Cornualles terá sinalización bilingüe en inglés e en córnico

O Consello vota a favor malia as críticas dos conservadores que lamentan o apoio a un idioma que consideran "extinto".

Redacción - 12:30 21/11/2009
As rúas de Kernow contarán con sinalización bilingüe

As rúas de Kernow contarán con sinalización bilingüe

O Consello de Cornualles decidiu facer unha aposta pola lingua córnica. O idioma celta aparecerá nos carteis informativos das rúas e das estradas que se instalen a partir de agora, ao carón do inglés. Esta decisión forma parte das medidas aprobadas polo executivo córnico para promocionar a lingua, falada por un milleiro de persoas e que, até hai poucos anos, se consideraba morta. Con todo, a decisión non afectará aos rótulos de dirección nin aos sinais das autoestradas.

Medida polémica
As críticas non se fixeron agardar por parte dos máis remisos a que a lingua córnica gañe peso e presenza pública. Os conservadores, como Morwenna Williams, lamentaron a decisión argumentando que a decisión "é ridícula e innecesaria" e subliñando que "o córnico non ten tantos falantes".

Pola súa parte, o Gabinete do Consello recordou que este cambio non terá ningún custe para as arcas do Estado, xa que os sinais actuais non serán substituídos, só se aplicará o bilingüismo aos de nova colocación. A maiores, o conselleiro Graeme Hick subliñou que, nin sequera na elaboración dos novos indicadores se incrementará o gasto, xa que os fabricantes "porán o nome en córnico debaixo do inglés sen ningún custe". Finalmente, asegurou que "temos a obriga legal de promover a lingua e este é un bo xeito de facelo".


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: