Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DE 47 DÍAS

Rematou o pesadelo: Liberado o 'Alakrana'

O presidente do goberno español confirma (vídeo no interior) que os piratas abandonaron o atuneiro, que os mariñeiros xa están a salvo e que o Alakrana navega agora cara a augas máis seguras.

Redacción - 14:27 17/11/2009

Máis de mes e medio despois, remata o secuestro. Os 36 mariñeiros do pesqueiro vasco 'Alakrana', sete deles galegos, están xa libres. Os piratas abandonaron o barco logo de semanas de negociación e de ter recibido un botín de 2,3 millóns de euros.

Dende primeira hora da mañá dábase por feito a liberación inminente da tripulación, que foi confirmada polo presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero. "Quero confirmar unha moi boa noticia", dixo, "todos os membros da tripulación están sans e salvos". Ao tempo, o xefe do executivo tivo unhas palabras de solidariedade para as familias e tamén de agradecemento para os altos cargos implicados nas negociacións, entre os que fixo especial mención da vicepresidenta, María Teresa Fernández de la Vega, e para o ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: