A axencia Reuters asegura que xa se pagou un rescate de 2,3 millóns de euros e que os piratas comprometéronse a finalizar o secuestro este mesmo martes.
Todo apunta a que a liberación dos 36 mariñeiros (sete deles galegos) do atuneiro 'Alakrana' é inminente. Segundo a axencia Reuters, hai un acordo firme entre o goberno español e os piratas que xa terían cobrado un botín de 2,3 millóns de euros. A axencia inglesa asegura que algúns piratas xa están a abandonar o barco secuestrado.
A falta da confirmación oficial, as familias agardan expectantes a resolución do caso. Unha fragata do exército español atópase a poucas millas do pesqueiro para recoller os tripulantes cando se produza a liberación.
O presidente do goberno español ten previsto comparecer de xeito extraordinario diante dos medios ás 13.30 e dáse por feito que Rodríguez Zzapetero vai anunciar o desenlace.