Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O máis afastado intento de abordaxe

Piratas somalís atacan un petroleiro a 1.850 km da costa

A misión anti-piratería da UE considera que os piratas están usando "barcos-nodriza"desde os que saen lanchas rápidas armadas.

Redacción - 19:30 09/11/2009

O petroleiro BW Lion, con base en Hong-Kong, conseguiu evitar este luns o ataque dúas lanchas rápidas que lle dispararon con armas automáticas e lanzadoras de granadas. O ataque rexistrouse a unha distancia de arredor de 1.850 quilómetros da costa somalí, nun área 750 km ao norte das illas Seychelles.

Segundo explica a BBC, facéndose eco de informacións da misión anti-piratería da Unión Europea, o conxunto de forzas participantes no despregue contra os piratas suma arredor de 40 buques e conseguiu frear a vaga de ataques. Mais diante desta situación, os piratas terían mudado as súas tácticas e, unha das evidencias é xustamente a progresiva extensión da súa actividade a zonas máis afastadas da costa. Como apoio nestas accións, terían despregado barcos-nai que transportan armamento e lanchas máis cativas a través das cales lanzan os ataques.

Poden ampliar na BBC


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: