Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XESTIÓN DAS EOI

Malia os recortes nas escolas de idiomas, Educación felicítase do aumento de alumnos

O incremento de matrículas ascendeu a máis de 4.200, mentres que o número de docentes se reduciu en 27 persoas.

Redacción - 09:15 29/10/2009

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Xosé Luís Mira Lema, felicitouse do incremento de alumnos matriculados este ano nas Escolas Oficiais de Idiomas (foron 4.239 máis) ao tempo que cualificou como "xestión ineficaz" a do anterior Goberno. Se ben recoñeceu a redución do número de docentes (27 interinos menos), considerou que esta situación se contrarresta coa "ampliación do seu horario en 18 horas lectivas, pasando a dar clase a catro grupos".

En resposta ás críticas, peches e manifestacións do profesorado destes centros, Mira Lema recoñece que "é certo que se reduciron grupos nas franxas horarias máis demandadas", se ben aclarou que "a ocupación representa actualmente un 46% pola mañá e pola tarde e un 57,6% pola noite". Nesta liña asegurou que "temos unha oferta educativa suficiente" e que os cambios obedecen a unha nova política que pretender "facer un uso responsábel dos recursos sen mermar a calidade do ensino".

"Campaña contra os alumnos"
O director xeral de Educación acusou tamén aos responsábeis das EOI e aos sindicatos de "osquestrar unha campaña contra os alumnos", ao celebrar unha folga "durante o período de matrícula". Culpounos de falta de responsabilidade e de estaren "politizados". Así, rexeitou que se estea a producir un "desmantelamento do ensino público" e adiantou que a Inspeccion Educativa realizará un "seguimento para vixiar o uso eficiente dos recursos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: