Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asia

Un atentado presuntamente talibán provoca 30 mortos en Paquistán

O ataque, efectuado supostamente por un suicida, produciuse preto do val de Swat. É o segundo deste tipo nos últimos días.

Redacción - 12:45 12/10/2009

Polo menos 30 persoas morreron e preto de 45 resultaron feridas por mor dun ataque provocado por un suposto home-bomba no distrito de Shangla, preto do val de Swat, na fronteira noroeste de Paquistán. Segundo confirmaron fontes militares citadas polo rotativo 'Dawn', a bomba estourou este luns preto dun vehículo militar.

Os talibáns paquistanís están a aumentar a súa actividade nos últimos días. Así, o sábado atacaron o cuartel xeral en Rawalpindi, no leste do país. As forzas de seguridade lograron rescatar 39 reféns, pero outros tres morreron, así como nove milicianos e once soldados. Un portavoz talibán, Azam Tariq, dixo o luns que o ataque "levouno a cabo unha unidade do Punjab". "Vingaremos os nosos mártires e cometeremos máis atentados, tanto contra o cuartel xeral como contra algo meirande", dixo referíndose ao cuartel do exército.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: