Unha listaxe de 10 vídeos recolle as intervencións das persoas que participaron na asemblea constituínte da plataforma.
Todas as persoas que, por un ou por outro motivo, non puideron asistir o sábado á asemblea constituínte de ProLingua xa poden ver, en diferido, todas as intervencións, a través da internet.
Unha lista de reprodución no portal YouTube inclúe, dividida en 10 partes, toda a actividade que se desenvolveu na Facultade de Filoloxía da USC. Pódense escoitar os discursos de Francisco Fernández Rei, Pilar Ponte Patiño, Agustín Fernández Paz, Mercedes Queixas Zas, Henrique Costas e Xabier P. Docampo, entre outros.