Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
E van unha ducia de freos lexislativos

Outro veto de Cavaco Silva a unha lei deseñada polos socialistas portugueses

O presidente conservador vetou outro proxecto do goberno socialista, desta vez a lei sobre unións de feito.

Redacción - 16:30 24/08/2009

Unha ducia de veces usou xa o presidente de Portugal, Aníbal Cavaco Silva, o seu poder de veto sobre proxectos lexislativos deseñados polo equipo do primeiro ministro José Sócrates, do Partido Socialista.

Desta volta, Cavaco impide que saia adiante a lei sobre unión de parellas de feito. Na comunicación oficial enviada aos medios pola presidencia da República, expón o presidente que se trata dun proxecto "inoportuno" no treito final da lexislatura e reclama un debate en profundidade para máis adiante. Con todo, pasa a opinar ao respecto, e expresa o seu temor pola suposta conversión destas unións nun "para-casamento", "proto-casamento" ou "casamento de segunda orde". O presidente portugués avala así a posición contraria que, durante o debate na asemblea parlamentaria, mantiveran as formacións do PSD e CDS-PP en contra desta lei.

Anteriormente, Cavaco freou tamén a lei divorcio, a lei do segredo de Estado, a lei do financiamento dos partidos, a lei para o pluralismo e a non concentración dos medios de comunicación (neste caso vetouna até dúas veces), o Estatuto político-administrativo das Azores ou a lei electoral que lle metía man ao voto emigrante.

Para ampliar:


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: