Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN XAPÓN

Hiroshima, 64 anos despois

Colectivos como Greenpeace destacan a existencia de case 30 mil cabezas nucleares activas no mundo e alertan da ameaza que supoñen.

Redacción - 11:00 06/08/2009
A bomba atómica supuxo a morte de 140 mil persoas

A bomba atómica supuxo a morte de 140 mil persoas

Despois de seis meses de intenso bombardeo noutras 67 cidades, a arma nuclear Little Boy foi soltada sobre Hiroshima un luns 6 de agosto de 1945. O ataque, ordenado por Harry Truman, presidente dos EUA contra o Imperio de Xapón, supuxo o inicio da fin da Segunda Guerra Mundial (despois chegaría Nagasaki) e provocou a morte de 140 mil persoas, vítimas do bombardeo e das lesións e enfermidades derivadas do envelenamento por radiación.

64 anos despois, diferentes organizacións seguen alertando sobre o perigo que aínda supoñen as armas nucleares. Greenpeace estima en 30 mil as cabezas nucleares activas que continúan a ameazar o planeta e recorda que este foi precisamente o motivo que orixinou o nacemento do colectivo en 1971. Con todo, lamentan que aínda esteamos lonxe de acadar un mundo libre das ameazas das armas e das centrais nucleares.

Abolición para o 2020
A cidade xaponesa recordou este xoves o fatídico día do lanzamento da primeira bomba atómica. Nun acto moi emotivo, o alcalde da cidade, Tadatoshi Akiba, emitiu unha declaración pola paz e instou á abolición das armas nucleares no prazo de dez anos.

"Temos a responsabilidade moral de eliminar estas armas", dixo ante milleiros de persoas congregadas no Parque da Paz de Hiroshima, ao tempo que amosou o seu apoio ao presidente estadounidense Barack Obama neste propósito. Nunha cerimonia que contou cun minuto se silencio á mesma hora do bombardeo de hai 64 anos, o goberno nipón comprometeu o seu apoio aos hibakushas (vítimas da bomba atómica), que aínda hoxe sofren as consecuencias daquel ataque.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: