Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Camiño cheo de obstáculos

Turquía cumpre medio século á porta de Europa

Hai poucos días cumpríronse 50 anos da primeira solicitude formal dun executivo turco para a adhesión ás daquela nacentes institucións europeas.

Redacción - 09:30 04/08/2009
Tags: Turquía UE

"O noso país non vai tolerar máis tempo perdido e atrasos", advertía Egemen Bagis, coordinador das relacións de Turquía coa Unión Europea, coincidindo co aniversario da primeira vez que o país pediu paso oficialmente ao clube europeo. "Aprendemos leccións de erros do pasado, cumprimos coas nosas responsabilidades e o obxectivo de sermos membros da UE debera ser acadado o máis axiña posíbel", expuxo o alto representante turco.

Foi en 1959 cando o daquela primeiro ministro Adnan Menderes realizou a primeira petición para estabelecer relación directa co bloque económico daquela formado unicamente por media ducia de países europeos. Non foi até catro anos máis tarde cando o executivo turco conseguiu un acordo onde se admitía tal posibilidade e até 2005 non se iniciou realmente o lento camiño de adhesión agora en proceso.

"Isto é unha comedia que xa nos está fartando", declarara poucas semanas antes o propio primeiro ministro turco. Daquela, Recep Tayyip Erdogan criticou con belixerancia os cambios no discurso público que, sobre a entrada de Turquía na Unión Europea, teñen manifestado diversos líderes europeos. Ao fío, revelou que en privado varios gobernos teñen recomendado a Turquía deixar a cousa nunha "asociación especial". "Non nos interesa, nós queremos unha unión plena e coa velocidade coa que se está tratando con países ben máis pequenos e menos desenvolvidos que Turquía", desafiou Erdogan.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: