Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Novas tecnoloxías

A Xunta anuncia que impulsará o Clúster TIC, que xa existe

A secretaria xeral de Modernización anunciouno durante unha reunión coa delegación galega de ASIMELEC. Máis de 100 empresas están xa no clúster.

Redacción - 18:30 28/07/2009

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, reafirmou o compromiso do Goberno co sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), asegurando que "a Xunta debe xogar un liderado real e executivo" a través dun organismo "único, integrador, coordinador e responsábel".

Pereira reuniuse co Consello Territorial da patronal ASIMELEC, despois da súa constitución formal. A delegación en Galiza de ASIMELEC está presidida por Xosé Ramón García, responsábel de Blusens. Na súa intervención, Mar Pereira comprometeuse a impulsar e a dinamizar o clúster TIC, para promover a cooperación entre as empresas do sector. Pero ese clúster xa existe. De feito, constituíuse o 31 de xaneiro de 2008, seguindo unha das liñas do Plano Estratéxico da Sociedade da Información (PEGSI), tamén vixente.

O Clúster TIC constituírono máis dun cento de empresas e colectivos como AETIC (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións), INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación), AEIG (Asociación de Enxeñeiros de Informática de Galicia), AETG (Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia), EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet) ou AGESTIC (Asociación Galega de Tecnoloxías da Información e da Comunicación), que xa formaba parte de ASIMELEC.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: