Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DEBERÍA ESTAR LISTO ESTE VERÁN SEGUNDO A XUNTA

As tecnolóxicas galegas buscan crear un Clúster

A patronal TIC vive no minifundismo asociativo, o que dificulta poder competir fóra do país. A penas un 5% se factura no estranxeiro.

Redacción - 11:46 07/05/2007

Lanzar un Clúster que defenda os intereses das compañías galegas de tecnoloxías da información (TIC). Ese é obxectivo dunha reunión celebrada o venres en Santiago de Compostela.

A patronal tecnolóxica vive no minifundio, dende o punto de vista asociativo, pois conviven varias asociacións con fins semellantes. Neste contexto, a creación dun Clúster suporía un avance significativo, sobre todo para competir fóra de Galiza.

E é que, segundo datos do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información , as empresas dependen nun 80% do mercado galego, sobre todo de clientes públicos. A penas se factura fóra do Estado un 5%.

Entidades involucradas

Na xuntanza participaron o presidente de AETIC (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións), Ramón Lois; a presidenta e coordinadora de EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet), Beatriz Legeren e María Xosé Jamardo, respectivamente; o presidente e director xeral de INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación), Jorge Cebreiros e Manuel Soliño, respectivamente; así como os representantes de AEIG (Asociación de Enxeñeiros de Informática de Galicia) e AETG (Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia), Juan Otero e Ricardo Fernández, respectivamente.

A Consellería de Innovación, promotora da iniciativa, estima que a comezos de xullo organizarase unha asemblea constituínte do Clúster. Polo de agora hai dúas propostas de organigrama, unha do goberno e outro da AETIC.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: