Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
En Pontevedra

Convocan unha manifestación contra as touradas para o oito de agosto

A Plataforma Antitouradas critica que o BNG non prohibise os eventos taurinos cando estaba no Goberno.

Redacción - 12:00 19/07/2009

A Plataforma Antitouradas de Pontevedra anunciou que, despois de tres anos de andaina, vai retomar de novo a súa actividade. E farao o luns, ás 11 e media da mañá na cidade pontevedresa, cunha performance reivindicativa.

Ademais, convocou unha manifestación contra a organización de eventos taurinos e reclamando unha lei protección animal. Será o oito de agosto ás sete da tarde na Praza da Peregrina. O colectivo criticou a "hipocrisía do BNG", por ter feito ouvidos xordos ás reclamacións antitaurinas no seu paso pola Xunta e anunciar agora unha lei antitouradas "cando xa non ten o poder de levala adiante".


4,58/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: