Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Centroamérica

A volta de Zelaya a Honduras, pendente dun último acordo

O goberno de Micheletti e o do mandatario derrocado culminan este domingo a negociación da proposta de reconciliación presentada polo presidente de Costa Rica.

Redacción / EP - 10:20 19/07/2009

O goberno 'de facto' de Honduras solicitou máis tempo para responder á proposta de reconciliación ofrecida polo presidente de Costa Rica, Óscar Arias, que actúa de mediador no conflito político que manteñen o presidente hondureño derrocado, Manuel Zelaya, e o executivo interino de Roberto Micheletti.

Arias, nunha intervención na canle Telesur, considerou "construtivas" as negociacións mantidas por ambas as delegacións na súa residencia en San José e indicou que "a petición de Carlos López", que encabeza a comitiva do goberno golpista, as conversas continuarán este domingo. A xefa da delegación de Zelaya, Dizzi Moncada, desvelou que a data límite para a volta do mandatario deposto a Honduras é o venres 24 de xullo.

Carlos López, pola súa banda, dixo que acollera "con interese a proposta do presidente Arias" e que, debido á falta de acordo, solicitara 15 horas máis para darlle unha resposta definitiva. Anunciou que buscarán un acordo para que "Arias poida dar boas novas a todo o mundo" este domingo.

A proposta do presidente costarriqueño ten sete puntos, entre eles a restitución de Zelaya no seu cargo, a formación dun goberno de unidade nacional e unha amnistía xeral para todos os delitos cometidos "antes e despois dos feitos do 28 de xuño". Tamén estabelece que o mandatario derrocado se esqueza "do proxecto da cuarta urna nas próximas eleccións" e que as eleccións do 29 de novembro se adianten ao último domingo de outubro.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: