As xornadas intensivas e preparatorias están dirixidas aos europeos que veñen estudar nunha universidade galega.
A Comisión Europea anunciou que a partir do ano académico 2010-2011, o Programa Erasmus financiará cursos intensivos de galego para aqueles alumnos de universidades europeas que veñen estudar nalgunha das tres que hai no noso país. A mesma situación dáse con éuscaro e catalán.
Segundo informa a axencia Eurolang, até o de agora só había bolsas para as linguas oficiais na Unión Europea -agás o inglés, o francés, o español e o alemán, as máis usadas e aprendidas- así como tamén para o islandés, o noruegués e o turco.
Os Cursos de Lingua Intensivos do Erasmus teñen unha duración de estre dúas e seis semanas, capacitando minimamente os alumnos para o seu período no estranxeiro. No curso 2006-2007, máis de catro mil estudantes participaron nas xornadas, que teñen lugar no país de acollida.