Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEMANA EN BRANCO

Os tractores volven ao asfalto das cidades

Os gandeiros diríxense cara Lugo e Santiago para exixir á Xunta e ao goberno español a fixación dun prezo mínimo para o leite e axudas directas inmediatas.

Redacción - 12:00 13/07/2009

Dende primeira hora da mañá os tractores circulan xa polas estradas camiño de Santiago de Compostela e de Lugo, onde se centrarán durante esta semana os actos previstos nesta "Semana en Branco", que convocaron conxuntamente os tres sindicatos agrarios (Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego), ademais de Gandeiros Unidos e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Os vehículos transitarán este luns e o mércores polas rúas do centro de Lugo e o martes polo de Santiago de Compostela. O obxectivo é exixirlle ao Goberno axuda inmediata nesta crise, é dicir, que inxecte liquidez nas explotacións, para evitar o seu peche. Asemade piden a Medio Rural que lidere a defensa dos intereses do sector leiteiro en Madrid, ante o Ministerio de Agricultura e que o goberno español garanta uns mecanismos de estabilidade dos prezos do leite.

Mobilizacións
Na cidade de Lugo, a previsión é que os tractores cheguen á chaira do Pavillón Polideportivo sobre o mediodía. Logo, iniciarán unha protesta polo centro urbano que se prolongará até a tarde. Xa o martes, os gandeiros dirixiranse cara os estabelecementos comerciais, onde denunciarán a venda de leite foráneo a moi baixo prezo. O mércores volverán cos tractores á rúa, o xoves realizarán unha manifestación a pé até a Subdelegación do Goberno e o venres abandonarán a cidade.

En Santiago de Compostela, a tractorada será o martes. Este luns, os vehículos chegarán tamén cara o mediodía ao mercado de gando de Amio, dende diferentes puntos da provincia da Coruña e de Pontevedra. O martes transitarán polo centro da capital a partir das 10:30 horas e o mércores, a protesta trasladarase a varios estabelecementos comerciais de Compostela (Lidl, Día e Eroski). Xa o xoves manifestaranse ante San Caetano e finalmente o venres os sindicatos celebrarán actos de información aos consumidores no centro da cidade.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: