Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esmorecemento do sector leiteiro

Gandeiros Unidos participará nas mobilizacións ao constatar un agravamento da crise

Din que adoptarán medidas legais contra as "ameazas" e "presións" recibidas para non asistiren ás protestas.

Redacción - 19:00 08/07/2009
Gandeiros na tractorada de xuño

Gandeiros na tractorada de xuño

A asociación Gandeiros Unidos participará nas mobilizacións convocadas a próxima semana en Compostela e Lugo polos tres sindicatos agrarios e as cooperativas lácteas para exixir "axudas directas de inmediato" e solucións á crise que atravesa o sector. A organización constatou un agravamento da conxuntura das explotacións e, por iso, decidiu sumarse á protesta.

Esta asociación, integrada no noso país por uns dous mil produtores leiteiros, pediralle á Administración española que controle a entrada de materia prima procedente doutros países, que responsabilizan de "arruinar" os produtores do Estado.

Neste senso, denunciaron que hai gandeiros que se perciben o leite a nove céntimos o litro, contía que cualificaron de "ruína", e explotacións que cobran a materia prima de tres en tres meses. Ademais sinalaron que adoptarán medidas legais contra as "ameazas" e "presións" recibidas para non asistiren ás manifestacións ou ás tractoradas de hai un par de semanas en Compostela.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: