Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
acusado de "fraude" pola oposición

O goberno do Irán segue firme na súa decisión de non repetir os comicios

As autoridades din que o reconto parcial dos votos coincide cos resultados oficiais. Polo seu lado, o aiatolá Khamenei reitera que "non cederá ás presións".

Redacción - 09:00 25/06/2009
O aitolá Seyyed Ali Khamenei

O aitolá Seyyed Ali Khamenei

O Ministerio do Interior iraniano fixo público un comunicado no que reitera que o reconto parcial de votos dalgunhas urnas, feito estes días, coincidía cos resultados electorais. Poucas horas antes, nunha entrevista difundida pola televisión iraniana, o aiatolá Alí Khamenei, pecháballe a porta a calquera acordo cos candidatos reformistas e dáballe todo o seu apoio a Mahmoud Ahmadinejad.

Khamenei reiterou que non vai ceder ás presións "a ningún prezo", e ofreceulle todo o seu apoio ao presidente Mahmoud Ahmadinejad. Porén, a pesar das advertencias, na cuarta feira desenvolveuse unha nova protesta convocada polo candidato reformista Mir Hossein Moussavi ante o Parlamento iraniano, mais a policía terminou con ela a base de gases lacrimóxenos e golpes de porra (vídeo da BBC).

Dende que se coñeceron os resultados das eleccións presidenciais do 12 de xuño, Teherán, a capital do Irán, foi escenario de protestas multitudinarias convocadas pola oposición, que se queixa dunha fraude grave a favor de Ahmadinejad. As cifras oficiais falan dunha vintena de mortes en 11 días de protestas.

Tensas relacións internacionais co Reino Unido
O goberno iraniano, que considera que o Reino Unido e o Estados Unidos están a instigar as protestas, advertiu novamente que vai repensar se continúan estabelecendo relacións diplomáticas co primeiro destes países. Porén, segundo algúns medios de comunicación persas, o ministro de Asuntos Estranxeiros, Manujakhar Mutaka, dixo que o goberno estudaba seriamente de cambiar as relacións diplomáticas tamén cos EUA, após as últimas declaracións feitas por Obama, condenando a represión dos protestantes.

Para ampliar información:


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: