Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Perseguido polo goberno

O líder indíxena peruano Alberto Pizango refúxiase na embaixada de Nicaragua

Está acusado de instigar os enfrontamentos de centos de nativos contra a policía. Esta fin de semana vivíronse os peores episodios de violencia na rexión amazónica.

Redacción - 09:00 09/06/2009
O líder indíxena Alberto Pizango

O líder indíxena Alberto Pizango

O líder indíxena Alberto Pizango atopábase en paradoiro descoñecido dende a pasada sexta feira, cando un enfrontamento entre a policía peruana e varios colectivos indíxenas da selva amazónica se saldara coas mortes de uns 30 civís e polo menos 20 axentes -segundo datos do goberno.

Porén, esta terza feira sóubose que Pizango está refuxiado na embaixada de Nicaragua en Lima. Sobre el pesaba unha orde de busca e captura, ditada polo goberno de Alan García, e as autoridades peruanas mantiñan a hipótese de que se atopaba en Bolivia.

Resistencia indíxena no Perú
O líder indíxena, que encabezou a revolta pola defensa dos asentamentos tradicionais das comunidades amazónicas no Perú, acusara a pasada sexta feira ao presidente do país, Alan García, de xenocidio. A Asociación Interétnica de Desenvolvemento da Selva Peruana (Aidesep), da que Pizango é presidente, e que organizou a resistencia dos indíxenas na rexión amazónica de Bagua, ao norte do Perú, cifrou o número de mortos nos enfrontamentos coa policía, entre nativos e outros civís, en, polo menos, unha trintena.

As comunidades amazónicas comezaron o pasado 9 de abril unha protesta contra a ocupación dos seus asentamentos tradicionais, que incluía, de momento, o corte de estradas, o bloqueo dos rías e a toma de xacementos de gas e petróleo.

A mobilización armouse para demandarlle ao Congreso do Perú que derogue varias leis aprobadas polo goberno para axeitarse ás condicións do Tratado de Libre Comercio cos EUA, dirixidas a incentivar o investimento privado nas zonas ricas en petróleo e gas, Os indíxenas consideran que estas normas afectan o seu dereito a unhas terras que conforman os seus asentamentos históricos.

Máis información:


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxes da protesta indíxena en Bagua (Enlace Nacional)

As noticias desta segunda feira sobre os sucesos da fin de semana (Enlace Nacional)

A situación en Bagua. Parte I (05/06/2009)

A situación en Bagua. Parte II (05/06/2009)