Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Antes das eleccións do 28 de xuño

Asasinan un dos candidatos á presidencia da Guiné-Bissau

Baciro Dabó, ex ministro do presidente Nino Vieira, foi atopado morto a tiros na súa casa.

Redacción - 14:00 05/06/2009
Situación da Guiné-Bissau

Situación da Guiné-Bissau

Un grupo de homes armados entrou na noite desta quinta feira na casa do candidato á presidencia da Guiné-Bissau, Baciro Dabó, e asasinouno. Dabá fora ministro co ex presidente Nino Vieira, asasinado en marzo deste ano, e membro do PAIGC (Partido Africano para a Independéncia da Guiné e Cabo Verde). Porén, presentábase as eleccións presidenciais do vindeiro 28 de xuño como independente. Foi até hai pouco ministro de Administración Territorial do goberno encabezado polo actual primeiro ministro, Carlos Gomes Junior, cargo do que dimitiu para presentarse aos comicios.

As axencias de noticias do país africano sinalan que os asasinos do candidato levaban uniformes militares, e forzaron a entrada da súa morada por volta das 04h00 de madrugada. O xefe de seguridade de Dabó precisou que o antigo ministro fora alcanzado polos tiros varias veces.

As eleccións poderían suspenderse
O pasado 2 de marzo, un grupo de soldados asasinou o presidente Nino Vieira, supostamente, en resposta ao asasinato, horas antes, do xefe das Forzas Armadas do país, o xeneral Batista Tagme Na Waie, quen se opuña politicamente ao entón xefe do Estado.

A presidencia do país foi asumida, naquela altura, polo presidente da Assembleia, Raimundo Pereira, figura próxima ao primeiro ministro, Carlos Gomes Junior, até as vindeiras eleccións que se habían desenvolver a finais deste mes, pero que poderían paralizarse, debido ao asasinato dun dos candidatos.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: