Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Por posíbel branqueo de cartos

A Fiscalía española pide que se investiguen as contas do presidente de Guinea Ecuatorial

Anticorrupción reclama datos do patrimonio de Teodoro Obiang Nguema, un dos homes máis ricos do planeta.

Redacción - 08:00 25/05/2009
A situación de Guinea Ecuatorial no mapa de África

A situación de Guinea Ecuatorial no mapa de África

A Fiscalía Anticorrupción española reclamou que se investiguen as contas e investimentos inmobiliarios no Estado Español de Teodoro Obiang Nguema, presidente de Guinea Ecuatorial e un dos homes máis ricos do planeta.

Neste pedimento tamén van incluídos os familiares de Teodoro Obiang e varios dos seus ministros, segundo publican no xornal madrileño El País, citando fontes xudiciais.

Case 20 millóns de euros nunha conta n'As Palmas
O fiscal Luis del Río Montes de Oca apoiou unha querela da Asociación pro Dereitos Humanos do Estado, por un suposto delito de branqueo de capitais do dirixente ecuatoguineano, quen supostamente transferiu dende os EUA 26,5 millóns de dólares (19 millóns de euros) a unha conta dun banco n'As Palmas, que foi declarada "sospeitosa" polo Banco de España. Segundo a asociación que presentou a querela, os cartos desta conta foron desviados ilicitamente dos fondos públicos obtidos co petróleo, para o seu lavado no Estado Español, e vincúlanos a unha serie de operación inmobiliarias de gran tamaño en cidades coma Madrid, Xixón (Asturias), Alcalá de Henares (Madrid) ou As Palmas (Illas Canarias).

Esta conta está a nome de Kalunga Company, SA, mais é todo un misterio, xa que o banco español na que se abriu negouse a darlle información ao Senado dos EUA que investigaba os movementos sospeitosos de Obiang. Porén, si alertou o servizo anti-branqueo do Banco de España dos movementos sospeitosos nesta conta, na que non aparecían como titulares non Obiang nin os seus familiares. Só están autorizados a sacar cartos desta conta unha parella de cidadáns rusos, supostos testaferros ou fiduciarios dos auténticos donos.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: