Feijoo adiantou que os principais axentes do sector coñecerán a vindeira semana o borrador do plan, que incluirá axudas directas á compra.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou este venres que o sector da automoción vai contar cun "plan concreto" de axudas a este ámbito produción que abranguerá dende a industria auxiliar até os concesionarios e a factoría de PSA Citroën de Vigo.
A vindeira semana coñecerán os "primeiros borradores" os axentes do sector. O luns Núñez Feijoo darallo a coñecer ao Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga). Así o anunciou o presidente do Goberno en Lugo, onde non deu máis detalles sobre a iniciativa, aínda que indicou que haberá tamén axudas directas á compra de automóbiles.
O obxectivo será, segundo Núñez Feijoo "manter o maior número de empregos no sector" e contribuír a que "as persoas que máis o precisan como autónomas e persoas de sectores en crise" a renovar a súa frota. Tamén engadiu que "non foi posíbel" o acordo entre o concelleiro de Economía e Industria e o ministro, polo que avogou por "facer un plan para o sector en Galiza".