Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
GUATEMALA

Deteñen un usuario de Twitter por "promover o pánico financeiro"

Jean Ramsés Anleu fixo un chamamento dende a rede social a retirar fondos dunha entidade bancaria.

Redacción - 12:35 15/05/2009

Un usuario de Twitter guatemalteco, Jean Ramsés Anleu Fernández, foi arrestado por supostamente "promover o pánico financeiro" a raíz duns comentarios seus na rede social. Anleu, coñecido polo seu alcume Jeanfer, foi detido e o seu computador confiscado por orde da fiscalía de bancos.

O internauta fixera chamamentos a retirar fondos do Banco de Desarrollo Rural, usando a palabra clave #escandalogt. De feito, esa entidade bancaria fora mencionada polo avogado asasinado Rodrigo Rosenberg no seu vídeo de denuncia.

Segundo a lei guatemalteca, comete delito de pánico financeiro quen elabore, divulgue ou reproduza por calquera medio información falsa que menoscabe a confianza dos clientes ou investidores dunha institución inspeccionada pola Superintendencia de Bancos. As sancións son de entre cinco mil e 50 mil quetzais (entre 450 e 4.500 euros) e de un a tres anos de cadea.

Anleu foi sometido a arresto domiciliario baixo unha fianza de 50 mil quetzais (4.500 euros). Porén, non foi quen de recadar a cantidade solicitada, polo que foi enviado a un centro de detención preventiva. Os seus compañeiros de Twitter mobilizáronse para reunir a suma solicitada. Tamén acudiron a apoialo ao xulgado e cualificaron a acción das autoridades de "censura", "intimidación" e "cortina de fume para desviar a atención sobre o caso Rosenberg".

Máis información en Prensa Libre.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: