Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
EXPERIENCIA VIRTUAL

O 25 de abril vivirase en "directo" no Twitter

Dous portugueses poñerán en marcha unha reconstrución da Revolução dos Cravos a través da rede social durante 24 horas.

Redacción - 11:00 19/04/2009

A Revolução dos Cravos volverase vivir, minuto a minuto, na internet. O próximo 25 de abril vanse reproducir en Twitter os pasos da revolución do país veciño. O informático portugués radicado en Irlanda Paulo Jacob e o profesor José Felício xa prepararon a reconstrución, para o que recorreron ao Centro de Documentação 25 de Abril da Universidade de Coímbra.

Durante as 24 horas, iranse publicando decenas de 'twitts' á hora e minuto en que aconteceu cada evento. Incluirán ligazóns ao arquivo sonoro da Universidade de Coímbra, a fotografías, documentos e mesmo ás cancións-sinal da data: E depois do adeus, de Paulo de Carvalho ou o máis famoso Grândola, Vila Morena, de Zeca Afonso.

A experiencia dará comezo o 24 de abril ás dez da noite (hora portuguesa) no enderezo http://twitter.com/25abril1974. Paulo Jacob declarou na SIC que o código fonte do programa e toda a cronoloxía quedarán publicados o día 26 no blog http://250474.blogspot.com/. Prevese que a experiencia se repita en 2010.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: