Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recorte na planta eólica

Malia o despegue do sector, despedimentos masivos na planta de Gamesa nas Somozas

CIG Ferrolterra asegura que a fábrica de aeroxeradores prevé despedir todo o persoal temporal e 50 do cadro principal.

Redacción - 09:45 14/05/2009

A CIG de Ferrolterra denunciou que a planta de aeroxeradores que Gamesa posúe no concello das Somozas prevé despedir todo o persoal contratado por ETT que traballa na empresa e, polo menos, "50 operarios máis do equipo principal".

O sindicato aseguro que a empresa, que constrúe vigas e pas para a industria eólica, xa leva despedido "polo menos 250 persoas" este ano. A CIG criticou a actitude do Comité de Empresa, presidido por UXT e acusouno de "pasotismo" e "inactitivade" ante os despedimentos e cualificouno de "triste comparsa" e "cómplice" da "desastrosa situación".

CIG Ferrolterra anunciou que poñerá os feitos en coñecemento da Inspección de Traballo e da Autoridade Laboal "por entender que se trata de actuacións fraudulentas". En outubro de 2008, a raíz dunha denuncia pública sobre despedimentos que realizou CCOO, Gamesa Somozas informou que contaba cun cadro de 541 persoas, entre indefinidos e temporais. Producía 1.400 pas ao ano, cun ritmo semanal de 30.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: